Banda de música de Arbo

Todo comezou no ano 1991. Don Manuel Rivera, alcalde de Arbo naquel momento e actual presidente honorífico, promove o proxecto de restauración da Banda de Arbo que levaba máis de 40 anos desaparecida.

Nesta primeira etapa, iníciase a escola de música coa colaboración dos mestres arbenses Ignacio, Joaquín, Antonio e Manuel (Lito).

No ano 1993, a escola de música adquire o impulso definitivo coa chegada dos mestres Victor Fernandez e Jesús Iglesias.

Só un ano despois, na festa da lamprea do 1994, a banda fai a súa presentación baixo a dirección do mestre Victor Fernandez sendo apadriñada pola Unión Musical de Valadares (Vigo).

A partir deste momento, a banda desenvolve unha intensa actividade por toda a xeografía galega e realiza actuacións en varias zonas de Portugal, en Asturias, Badaxoz, Gran Canaria e Valencia.

Ten editados dous discos musicais. O primeiro titulado "Vila de Arbo" o cal inclúe o himno de Arbo de recente creación naquel momento polo mestre Victor Fernández. O segundo titulado "X Aniversario" que inclúe unha recompilación de gravacións en directo durante varios certames de bandas.

Dende 2011 ata ó 2021 faise cargo da dirección da banda, o mestre Cesar Posada, e a partir da celebración de Santa Icía do dito 2021 dirixe a banda, Tomás Alonso.



Durante estes anos, a banda participa en diversos concursos obtendo premios en todos eles:

1999 - 1º Premio e Mención de Honra - Certame Internacional "Cidade de Valencia" (3ª Sección)
2001 - 2º Premio - Certame Internacional de Bandas de Música "Cidade de Valencia" (2ª Sección)
2002 - 1º Premio e Mención de Honra - II  Certame Provincial de Pontevedra 2002 (3ª Sección)
2003 - 1º Premio - III  Certame Provincial de Pontevedra (3ª Sección)
2004 - 1º Premio e Mención de Honra - IV  Certame Provincial de Pontevedra (3ª Sección)
2006 - 1º Premio - VI  Certame Provincial de Pontevedra (3ª Sección)
2008 - 1º Premio - I  Certame de Bandas de Música, zona sur (3ª sección)
2009 - 2º Premio - II  Certame de Bandas de Música, zona sur (3ª sección)
2010 - 2º Premio - III  Certame de Bandas de Música, zona sur (3ª sección)
2012 - 1º Premio - XII  Certame Provincial de Pontevedra (3ª Sección)
2015 - 2º Premio - IX  Certame  galego de Bandas de música populares (3ª Sección)



Banda de música de Arbo Banda de música de Arbo Reviewed by Banda de Arbo on 16:39 Rating: 5