Discos

A Banda de Arbo ten editados dous discos musicais.

O primeiro, titulado "Vila de Arbo",  foi gravado no Auditorio da Cañiza no ano 1999. Inclúe un repertorio variado no que destaca a marcha "Vila de Arbo" composta por Víctor Fernández Nogueiras (director da banda nese momento) e que se convertería no himno de Arbo ata a actualidade.



O segundo, titulado "10º Aniversario", está composto por unha selección de 5 obras interpretadas (en directo) en varios concursos de bandas durante os dez primeiros anos de existencia da banda.


Discos Discos Reviewed by Banda de Arbo on 17:47 Rating: 5